Erros comúns nas traducións ao galego

Responder
Avatar de Usuario
Naír
Mensajes: 143
Registrado: 03 Jul 2017, 18:44
x 39
Contactar:

Erros comúns nas traducións ao galego

Mensaje por Naír » 03 Jul 2017, 18:57

A lo menos: en galego o correcto é polo menos.
Abandoar: o correcto é abandonar, abandono, abandonado, abandonadamente...
Ademáis: non se acentúa NUNCA. O correcto é ademais.
Alonxar: castelanismo que prodúcese lo verbo castelán alejar e o adverbio galego lonxe. A verba correcta é afastar.
Águias: non se acentúa, é aguias.
Anoite: castelanismo que prodúcese da palabra castelá anoche e o substantivo galego noite. A tradución sería onte á noite.
Anque: non existe, o correcto é aínda que.
Averiguar: non existe, o correcto é descubrir ou saber.
Bueno: non existe, habería que poñer "Ben" se é para iniciar unha oración ou "Bo" para que funcione coma adxectivo.
Ca: non pode substituír á contracción coa (con+a), ca é a partícula en comparacións. Exemplo: máis ca min. Ca pode contraerse co artigo feminino a. Exemplo: é meirande cá miña nai. Tamén co artigo masculino o. Exemplo: é menor có teu pai.
Cál: non se acentúa NUNCA, o correcto é cal.
Calaveira: non existe, o correcto é caveira.
Cándo: non se acentúa NUNCA, o correcto é cando.
Casarse: non é reflexivo, dise "vou casar con el".
Cómo: non se acentúa NUNCA, o correcto é como.
Da, dame: en galego acentúase cando hai til diacrítico, polo tanto é "dá" e "dáme".
Dacordo: non é ningunha contracción, o correcto é de acordo.
Decir: non existe o verbo decir, o correcto é dicir. Para que vos fagades unha idea, vouvos poñer a conxugación:
Indicat.: pres. digo, dis, di, dicimos, dicides, din; imperf. dicía, dicías...; perf. dixen, dixeches, dixo, dixemos, dixestes, dixeron; plusc. dixera, dixeras...; fut. direi, dirás...; fut. pret. diría, dirías...; Subx.: pres. diga, digas...; imperf. dixese, dixeses...; fut. dixer, dixeres...; Imperat. di, dicide; Inf. conx. dicir, dicires...; Xer. dicindo. Part. dito.
Él, de él, de ela: o pronome NUNCA leva til, e contráese co de, por exemplo na frase "el é dela". Ponme moi nerviosa este punto en concreto porque é unha das cousas que se aprenden de primeiras.
Eres: como a segunda persoa do singular do verbo ser está completamente mal. A conxugación é: eu son, ti es, el é, nós somos, vós sodes, eles son.
Espalda: o correcto é costas
Fóra, fora: case ninguén pon os tiles. Fóra refírese ao exterior, e fora é do pluscuamperfecto do verbo ser. Non confundir co subxuntivo: Se fora eu estaría fóra (incorrecto). Se fose eu estaría fóra (correcto).
Fostes, fóstedes, fustes, seña: a conxugación do verbo ser é ti fuches, vós fostes, el sexa. Conxugación:
Indic.: pres.: son, es, é, somos, sodes, son; imperf.: era, eras, era...; perf.: fun, fuches, foi, fomos, fostes, foron; plusc.: fora, foras, fora...; fut.: serei, serás...; fut. pret.: sería, serías...; Subx.: pres.: sexa, sexas, sexa...; imperf.: fose, foses, fose...; fut.: for, fores, for...; Imperat.: se, sede; Inf. conx.: ser, seres, ser, sermos, sedes, seren; Xer.: sendo; Part.: sido.
Garras: non existe, pódese poñer poutas.
Gracias: a normativa, aínda que non nos guste, xa non permite esta forma, o correcto é grazas ou graciñas.
Hola: en galego non existe, o correcto é ola.
Humán: dise ser humano, humana.
Ímos: como nós imos, do verbo ir. O correcto é imos.
Interrumpir: o correcto é interromper.
Ley: en galego, salvo excepcións, non ten o "y". O correcto é lei.
Lobisome: a palabra correcta é lobishome, tamén pode chamarse licántropo.
Máis/mais: máis é o adverbio de cantidade, mais é a conxunción que significa pero.
Manada: nos subtítulos de True Blood en galego nunca se puxo manda, que é o correcto.
Mañán: non existe esta verba, o correcto SEMPRE é mañá.
Mentras: non existe, o correcto é mentres.
Nen sequera: o correcto é nin sequera.
Ogallá: xa non existe, o correcto é oxalá.
Ónde: NUNCA leva til, o correcto é onde.
Ordear: non existe, o correcto é ordenar.
Perrito quente: ou calquera outra cousa parecida. Podemos poñer bolo con salchicha, que é o que se emprega máis.
Por qué: ese que nunca leva til. O correcto sempre é por que. Só leva til cando é o porqué (a causa).
Productor: o correcto é produtor.
Quenes: en galego non ten plural, o correcto é quen.
Rey: o correcto é rei e raíña.
Si: a conxunción en galego é se.
: NUNCA NUNCA leva til, o correcto é si. Non leva til porque non ten que diferenciarse de ningún outro si.
Sintoo: leva til, o correcto é síntoo porque é esdrúxula.
Tal vez: en galego vai xunto deste xeito talvez.
Talla: co significado de "medida" non é recomendable, a palabra correcta é talle.
: nunca leva til. O correcto é ti.
Todavía: non existe, o correcto é aínda.
Venado: en galego é veado.
Víctima: en galego o correcto é vítima.
Voltar: non existe aínda que os galego falantes saibamos que se utiliza. O correcto é volver.
Xamáis: nunca se acentúa.
Xuizo: o correcto é xuízo, con til.

As aglutinacións da nova normativa, para que as teñades xuntas, son as seguintes: acotío, amodo, apenas, decontado, decotío, deseguido, devagar, enseguida, talvez. E, sobre todo, prefírese o "ao" sobre o "ó", aínda non o quitaron.
Los que sigáis con vida podéis iros. Pero dejad aquí vuestros miembros cercenados. Ahora me pertenecen.

prmp
Mensajes: 70
Registrado: 05 Jul 2017, 10:59
x 8

Re: Erros comúns nas traducións ao galego

Mensaje por prmp » 05 Jul 2017, 11:24

Qué alegría encontrarme aquí a @Nair1979, una de las mejores traductoras.

Avatar de Usuario
Naír
Mensajes: 143
Registrado: 03 Jul 2017, 18:44
x 39
Contactar:

Re: Erros comúns nas traducións ao galego

Mensaje por Naír » 05 Jul 2017, 18:03

Me voy a poner colorada, @prmp, qué bueno volver a verte :D
1 x
Los que sigáis con vida podéis iros. Pero dejad aquí vuestros miembros cercenados. Ahora me pertenecen.

prmp
Mensajes: 70
Registrado: 05 Jul 2017, 10:59
x 8

Re: Erros comúns nas traducións ao galego

Mensaje por prmp » 06 Jul 2017, 10:50

;) Es la verdad, eres muy paciente y traduciendo contigo se aprende mucho.

Responder

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado